URBANISMO

O BNG solicita o acondicionamento do solar da Costa da Lonxa

O uso deste solar xa foi motivo de investigación xudicial diante das denuncias de funcionarios municipais que remitian a informes desfavorábeis á situación de uso privado como aparcamento que aínda ten.

O Goberno de José Ramón Rioboo, instalado no "futuro imperfecto" de anuncios que tarde o nunca se fan realidade, segue sen levar adiante ningún tipo de actuación para a súa recuperación e adecuación.

Agardamos que entre os proxectos que se escollan para presentar ao POS+ da Deputación o Goberno Municipal inclúa a proposta do BNG para este espazo. 

O BNG solicita o acondicionamento do solar da Costa da Lonxa

O BNG de Culleredo ten feito ao Goberno Municipal varias propostas de acondicionamento para o uso público do solar municipal da Costa da Lonxa. 

Malia estas propostas e as numerosas queixas recibidas polo uso privativo do mesmo por un local de hostelería próximo, o Goberno de José Ramón Rioboo segue sen levar adiante ningún tipo de actuación para a súa recuperación e adecuación.

Tono Chouciño lembra que "o uso deste solar xa foi motivo de investigación xudicial diante das denuncias de funcionarios municipais que remitian a informes desfavorábeis á situación de uso privado como aparcamento que aínda ten, cando xa hai unha sentencia xudicial que declara o carácter público de gran parte do mesmo. Non hai xustificación posíbel para a deixadez e inacción do Goberno Municipal".

Para o portavoz nacionalista "Culleredo está paralizado pola inactividade do Goberno Municipal, agravada dende a chegada á alcaldía do José Ramón Rioboo, ocupado en conxugar un "futuro imperfecto" con contínuos anuncios que tarde ou nunca se fan realidade".

"Culleredo e a súa veciñanza merecen algo mellor, e no BNG estamos traballando para darllo. No entanto, agardamos que entre os proxectos que se escollan para presentar ao POS+ da Deputación o Goberno Municipal inclúa a proposta do BNG para este espazo".