O BNG reclama información sobre o proxecto para ampliar a AP9 a oito carrís en Culleredo

Captura de pantalla 2019-10-30 a la(s) 22.54.28
Plano da ampliación da AP9

O BNG solicitou a exposición pública da "mochila" do proxecto para o Vial 18.

Existe desde 2008 un proxecto para ampliar a AP9 a 8 carrís ao seu paso por Culleredo. 

PSOE e PP rexeitaron a proposta.

O BNG reclama información sobre o proxecto para ampliar a AP9 a oito carrís en Culleredo

No último Pleno Municipal do pasado 31 de outubro, o BNG de Culleredo propuxo demandar ao Ministerio de Fomento información pública acerca do proxecto de ampliación da autoestrada AP9 a catro carrís por sentido ao seu paso por Culleredo: desde a área de servizo do Burgo en Almeiras, até a Xeca, na Corveira, onde se pretende enlazar co Vial 18.

Fomos coñecedores deste proxecto ocultado polo Ministerio nunha reseña da documentación do anteproxecto do Vial 18, onde aparece como "proxecto relacionado" ao Vial 18 e que condiciona o seu deseño. Segundo este documento "Se diseña un tramo de ampliación de la plataforma a cuatro carriles [por sentido] desde el futuro enlace en A Corveira hasta el enlace del área de servicio. Así desde el enlace de A Corveira hasta el siguiente enlace, el enlace del área de servicio de O Burgo, se ha proyectado el trazado con cuatro carriles". Afírmase nesta publicación oficial que leva redactado desde 2008 e que nunca foi sometido a exposición pública, pero que está preparado para facelo no momento en que o demande "la superioridad".

Desde o BNG de Culleredo consideramos inconcebible que un proxecto desta magnitude e implicación territorial nun núcleo tan densamente poboado, leve oculto 11 anos sen que coñezamos os termos exactos en que vai afectar ao territorio do noso municipio. Cabe lembrar as reticencias que puxo o goberno municipal para presentar alegacións á exposición pública do Vial 18 hai uns meses, cando se trataba xa da segunda presentación do proxecto tras ser retirado polo Ministerio de Fomento dadas as alegacións veciñais en 2015. Agora, o goberno municipal do PSOE xunto ao PP, rexeitaron esta proposta de información pública levada a Pleno polo BNG.

Consulta aquí planos e máis información sobre a ampliación da AP9.

O BNG reclama información sobre o proxecto para ampliar a AP9 a oito carrís en Culleredo