ORDENANZAS

O BNG reclama información sobre incidencias nas terrazas

Tono Chouciño

Solicitamos as demandas recibidas pola Policía Local nos últimos 4 anos relacionadas co uso do espazo público por locais de hostelaría e que se lles dea aos asuntos que afectan a toda a veciñanza a publicidade que merecen.

O BNG reclama información sobre incidencias nas terrazas

O Goberno Municipal de Culleredo ten actualmente sometida a información pública a proposta de Ordenanza que regula o uso de espazo público por locais de hostelaría para a instalación de terrazas e veladores, aprobada inicialmente no pleno de Abril.

Aínda que no período inicial non se rexistraron alegacións á mesma, o BNG-Asembleas Abertas de Culleredo ten recibido numerosas queixas do funcionamento destas instalacións, polo que Tono Chouciño rexistrou unha petición de información sobre as demandas recibidas pola Policía Local nos últimos 4 anos sobre este tema.

"O primeiro que hai facer á hora de reformar calquera ordenanza é avaliar como funcionou a actualmente en vigor, para corrixir os defectos que puidera haber".

O voceiro nacionalista manifestou a súa estrañeza pola ausencia de alegacións nunha ordenanza que regula unha actividade que regularmente é obxecto de queixas públicas, "demóstrase, máis unha vez, a escasa publicidade e transparencia do Goberno Municipal nos asuntos que lle afectan a toda a veciñanza, ogallá lle adicasen a metade de recursos que lle adican á autopropaganda".

O BNG reclama información sobre incidencias nas terrazas