O BNG propón acudir á financiación europea para o proxecto da Cros

O edificio da fábrica da Cros ten que ser recuperado canto antes, para non deixar morrer unha das escasas mostras de arquitectura industrial de Galiza.

En primeiro lugar, deberá de acometerse un estudo do estado da descontaminación das parcelas.

O BNG propón aproveitar esta instalación para ofrecer servizos culturais, sociais e asistenciais, para o que preparará un proxecto de ámbito supramunicipal co que acudir aos novos Plans de Financiamento Europeo 2021.

O BNG propón acudir á financiación europea para o proxecto da Cros

A estrutura da fábrica da Cros é unha das escasas mostras de arquitectura industrial de Galiza, o cal lle aporta unha singular importancia para que acometamos a recuperación desta instalación.

A consolidación da estrutura e saneamento da parcela que ocupaba a fábrica, na que se levan gastado máis de 4 millóns de euros, quedou en entredito cando a Consellería de Educación rexeitou a parcela para facer un colexio público "por insuficiente descontaminación". (aínda que pareza difícil de crer, quedou gravado nun vídeo do Parlamento de Galiza) Por tanto, o primeiro paso para recuperar esta infraestrctura é identificar claramente e dar a coñecer, con transparencia cal é o estado da parcela.

Desenvolver un proxecto nesa estrutura, de tipo social, asistencial e cultural, implica un custo que pode ser difícil de asumir para un concello do tamaño de Culleredo. Pero cómpre estudar todas as alternativas. Unha delas é escalar o proxecto a nivel supramunicipal, de forma que poida optar aos novos Plans de Fondos Europeos que se lanzarán en 2021 para estes fins, e dar servizos a unha contorna de ducias de miles de habitantes. Desde o BNG xa temos feito iniciativas neste sentido, cando pedimos que o Consorcio das Mariñas, demandara fondos EDUSI para proxectos de benestar na Fábrica da Cros. Non nos fixeron caso. Unha mágoa.

O goberno municipal do BNG saberá aproveitar as axudas da nosa eurodiputada Ana Miranda para logralo.

O BNG propón acudir á financiación europea para o proxecto da Cros