TRANSPARENCIA

O BNG pregunta pola organización da Feria de Artesanía do Burgo

feira de artesanía

Como se publicitou a convocatoria para a instalación dos postos da feira de Artesanía que tivo lugar no Burgo o 17 de maio? Cal foi o mecanismo de asignación deses espazos?

A Feira, anunciada polo Concello de Culleredo co gallo do 17 de maio, tivo lugar nun espazo público.

Sendo unha actividade que implica un lucro para as persoas adxudicatarias, o proceso de adxudicación dos postos debería ter a máxima transparencia e garantir a igualdade de oportunidades.

O BNG pregunta pola organización da Feria de Artesanía do Burgo

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo rexistrou unha pregunta ao Goberno Municipal pola organización da Feira de Artesania  que tivo lugar este mércores, 17 de maio, no Burgo, ante as queixas recibidas de persoas interesadas e que non obtiveron permiso para instalar o seu posto.

Tono Chouciño, representante nacionalista, indica que "non nos consta que houbera mecanismo algún para o reparto do espazo público entre os solicitantes, o que nos contan é que se lles indicaba que mandaran un correo electrónico e, cando chamaron para saber se podían montar os postos, dicíanlles que xa estaban todos adxudicados".

Á vista destes feitos, o voceiro nacionalista pregunta ao Goberno Municipal de que maneira se publicitou a convocatoria para a instalación de postos na feira e cal foi o mecanismo de asignación do espazo público. 

"Sendo un espazo público, e sendo unha actividade que implica un lucro para os beneficiarios, o proceso de adxudicación dos postos precisa da máxima transparencia, de cara a garantir a igualdade de oportunidades", manifestou o voceiro do BNG.

O BNG pregunta pola organización da Feria de Artesanía do Burgo