URBANISMO

O BNG pregunta ao Concello polo Patrimonio municipal

plan parcial cordeda
Plan Parcial de Cordeda

Preguntámonos como pode ser que estando obrigados os polígonos urbanísticos a ceder edificabilidade ao Concello, e co grande desenvolvemento urbanístico vivido nas últimas décadas en Culleredo, o Concello non tivese terreos para cumprir o convenio do Colexio Ría do Burgo. 

O BNG pregunta ao Concello polo Patrimonio municipal

O BNG-Asemblas Abertas de Culleredo formulou unha pregunta ao Goberno Municipal sobre as parcelas que forman parte do Patrimonio do Concello, a súa edificabilidade, e cal ten sido a súa evolución nos últimos anos.

Esta pregunta ten a súa orixe na sentenza que obriga ao Concello a pagar máis dun millón e medio de euros polos terreos do Colexio Ría do Burgo, por non poder entregar ao propietario terreos coa edificabiliade que figuraba no convenio asinado entre ambas partes, que era de 3098 metros cadrados.

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo quere saber que parcelas edificábeis ten neste momento o Concello no seu Patrimonio, e cales tiña no momento de asinar o Convenio, así como cal foi a evolución deste tipo de propiedades neste período.

Para Tono Chouciño, voceiro nacionalista, "parece difícil que Culleredo, cun grande crecemento urbanístico nas últimas décadas, non tivera no seu patrimonio parcelas destas características, xa que o desenvolvemento de polígonos urbanísticos obriga a ceder ao Concello o 10% da eficicabilidade, a maiores das parcelas para equipamentos, viais, zonas verdes e demais estipuladas legalmente"

O BNG pregunta ao Concello polo Patrimonio municipal