SEGURIDADE VIARIA

O BNG pide solución aos fallos nos semáforos da AC211

Levamos ao Pleno os continuos fallos na rede semafórica da estrada AC211, transpada dende o 16 de abril ao Concello, perante o perigo evidente que supón o seu mal funcionamente para as persoas usuarias da vía.

O BNG pide solución aos fallos nos semáforos da AC211

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo rexistrou unha pregunta ao Goberno Municipal, para a súa resposta no Pleno, sobre os continuos fallos na rede semafórica da estrada AC211, que vai do Burgo a Fonteculler.

Ditos problemas reitéranse dende hai varios anos, e así ten sido denunciado polos veciños e transladado polos representantes nacionalistas aos responsábeis municipais, ante o perigo evidente para conductores e peóns. Xa en 2015 o BNG-Asembleas Abertas de Culleredo demandou unha solución ao Goberno Municipal, que se excusou en que a titularidade da vía non era súa.

Na actualidade a estrada foi traspasada da Xunta ao Concello, con efectos dende o 6 de abril do presente ano, e comprobamos como, malia os anuncios de boas intencións iniciais, na actualidade os fallos na rede persisten, sendo difícil atopar un conxunto semafórico no que todos os seus compoñentes estean en funcionamento.

Tono Chouciño lamenta o retraso na reparación ao tempo que amosa a súa estrañeza por ter aceptado o Concello o transpaso de titularidade sen estar os problemas solucionados, "noutros casos, como foi o traspaso da avenida Electo Carballo (AC215), antes do traspaso da titularidade asinouse un convenio para mellorar a rúa, cofinanciado pola Xunta, algo que tamén se debería ter feito neste caso."