TRANSPARENCIA

O BNG pide a revisión do contrato de Gabinete de Prensa

2018 01 25 pleno rc

Despois de solicitar en repetidas ocasións información sobre o contrato, o que finalmente facilitou o Goberno Municipal ten data de xaneiro de 2018 e vixencia anual, non constando contrato anterior.

As facturas deste servizo viríanse sucedendo mensualmente durante un período superior a un ano, antes de que aparecera por arte de maxia ese contrato de inicios de 2018.
 
A lei prohíbe expresamente a contratación verbal ás Administracións Públicas, que suporía a omisión total e absoluta dos procedementos legalmente establecidos.
 
Ademais de vulnerar as normas de contratación pública poderíase estar a incurrir tamén en cesión ilegal de traballadores, vulnerando a lexislación laboral.
O BNG pide a revisión do contrato de Gabinete de Prensa
 O BNG de Culleredo presentou unha moción para o seu debate no Pleno de hoxe solicitando a incoación dun expediente de inicio para a revisión de oficio do contrato de Comunicación, páxina web e publicidade do Concello de Culleredo, e se proceda, de ser o caso, a declarar a súa nulidade de pleno dereito.
 
O contrato atópase entre os múltiples expedientes que o Goberno Municipal leva ao mesmo Pleno para o pagamento de facturas con reparos da Secretaría e da Intervención municipais, que coinciden en sinalar a irregularidade do mesmo.
 
O BNG tiña solicitado reiteradamente información ao Goberno Municipal sobre o vínculo contractual da persoa que ven prestando habitualmente estes servizos nas dependencias do Concello, ao non constar na plantilla de traballadores municipais.
 
Finalmente o Goberno Muncipal facilitou un contrato mercantil, de duración anual, asinado en xaneiro de 2018, sen nengún tipo de información sobre os contratos dos anos anteriores.
 
Para Tono Chouciño, esta reticencia a informar deste contrato coincide co manifestado polas habilitadas estatais nos seus informes. "De acordo con eses informes, as facturas viríanse sucedendo mensualmente durante un período superior a un ano, antes de que aparecera por arte de maxia ese contrato de inicios de 2018, cando a lei prohíbe expresamente a contratación verbal ás Administracións Públicas, constituíndo unha infracción grave, ao omitir total e absolutamente dos procedementos legalmente establecidos".
O BNG pide a revisión do contrato de Gabinete de Prensa