MANTEMENTO

O BNG pide mellorar o mantemento e seguridade dos espazos públicos

O Burgo Av da Coruña
Beirarrúa na Avda da Coruña, do Burgo, sen protección

Son constantes as queixas que chegan ao BNG despois de ser transmitidas ao Concello sen este dar calquer tipo de resposta.

Hai desperfectos que levan anos esperando a súa reparación mesmo despois de ser esta anunciada con carácter urxente, como é o caso do Paseo do Río Trabe.

Fronte a este abandono, o anuncio anual de superávit por parte do Goberno Municipal non é mais que a mostra do seu propio fracaso

O BNG pide mellorar o mantemento e seguridade dos espazos públicos

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo demanda do Goberno Municipal a mellora no mantemento e na seguridade dos espazos públicos, como beirarrúas e parques públicos, que sofren un deterioro e abandono que nalgúns casos poñen en perigo a seguridade das persoas.

Tono Chouciño manifestou que "son constantes as queixas que recibimos dos nosos veciños e veciñas por cousas como beirarrúas intransitábeis ou fontes nos parques que non funcionan, que lle transmiten ao Concello e non ven que este faga nada por amañalo".

A preguntas do BNG no Pleno municipal, polos semáforos de Vilaboa, o propio alcalde recoñeceu que as queixas veciñais non se estaban a contestar, obviando as normas do procedemento administrativo, e facendo que aumente a desesperación veciñal pola falta de calquer tipo de resposta.

O voceiro nacionalista lembrou como nas últimas festas do Santiago no Burgo houbo danos no Paseo Marítimo que aínda están sen arranxar, ou o caso do Paseo do Río Trabe, anunciada a súa reparación urxente e aprazada sen data.

Tono Chouciño contrapuxo este abandono cos constantes anuncios de superávit, "é unha escea que se repite todos os anos e que non é máis que presumir do propio fracaso. A finalidade do Concello non é repartir beneficios, é asegurar uns servizos aos veciños e veciñas, e neste caso vemos que non se está a facer".

O BNG pide mellorar o mantemento e seguridade dos espazos públicos