ACORDOS PLENARIOS

O BNG pide que se informe do cumprimento dos acordos plenarios

O uso compartido da polideportiva do novo IES finalmente non se levará a cabo
O uso compartido da polideportiva do novo IES finalmente non se levará a cabo

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo solicitou a inclusión na orde do día de cada Pleno dunha dación de conta do estado de execución dos acordos aprobados nos plenos municipais anteriores, ante a demora que acumula o Goberno Municipal no cumprimento dos mesmos.

O BNG pide que se informe do cumprimento dos acordos plenarios

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo solicitou a inclusión na orde do día de cada Pleno dunha dación de conta do estado de execución dos acordos aprobados nos plenos municipais anteriores, ante a demora que acumula o Goberno Municipal no cumprimento dos mesmos.

Tono Chouciño lembrou a aprobación dun sistema de váteres públicos no paseo marítimo, aproveitando as instalacións xa existentes, a aprobación unánime da declaración de urxencia da construción do novo Colexio, da que a Xunta fixo caso omiso co beneplácito do Goberno Municipal, ou a cesión á Xunta dos baixos da galescola Fonte da Balsa para a ampliación da Escola Infantil, ante a falta de prazas para cubrir a alta demanda, acordos que malia ser aprobados polo Pleno pareceron caer no esquecemento.

Para o voceiro nacionalista esta actitude crea desconfianza e escepticismo nos concelleiros da oposición, xa que "non só ocorre coas propostas da oposición, ocorre tamén con asuntos que trae o propio Goberno Municipal ao Pleno, como a posta a disposición de toda a veciñanza da polideportiva do novo IES, para o que aprobou a sinatura dun Convenio coa Xunta de Galiza, e se non chegamos a preguntar expresamente non sabíamos que finalmente non se vai levar a cabo".