CANTEIRA DE SÉSAMO

O BNG pide información sobre a canteira de Sésamo

solicitude información canteira Sésamo
Solicitude información sobre a canteira de Sésamo

O BNG-Asembleas Abertas interesouse en varias ocasións polo estado  de total abandono da canteira de Sésamo,empregada na obtención de material para obras públicas de infraestuturas do Ministerio de Fomento.

O BNG pide información sobre a canteira de Sésamo

O BNG-Asembleas Abertas interesouse en varias ocasións polo estado da canteira de Sésamo, nas proximidades do punto limpo, empregada na obtención de material para obras públicas de infraestuturas do Ministerio de Fomento, e que está en estado de total abandono, cando existe a obriga da rexeneración ambiental destes espazos.

Recentemente soubose que a Xunta e do Seprona están a investigar a situación destes terreos, a consecuencia da denuncia dunha asociación profesional, malia ter manifestado o alcalde, en resposta ás nosas preguntas, que os presuntos verquidos eran en realidade unha actividade "de acopio de materiales".

Para ver de esclarecer cal é realmente a situación deses terreos o voceiro do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo rexistrou este venres unha solicitude de acceso á información que sobre os mesmos que consta no Concello, preguntando ao mesmo tempo se se demandou a debida restauración ambiental.

Para Tono Chouciño "o Goberno Municipal decae reiteradamente na esixencia de obrigas ás administracións supramunicipais e ás empresas que actúan ao seu antoxo sen cumprir o que se esixe a calquera veciño ou veciña".

O BNG pide información sobre a canteira de Sésamo