PXOM

O BNG rexeita aprobar o PXOM sen unha nova Exposición Pública e sen dar resposta ás alegacións

portada voceiro xaneiro 2018 especial PXOM
portada voceiro xaneiro 2018

Hai precedentes que apoian a demanda dese novo período de exposición pública, dada a importancia das modificacións introducidas no proxecto dende a anterior, no 2013.

A Memoria Ambiental da Xunta lembra a súa necesidade para o caso modificacións substanciais entre a aprobación inicial e o que se someta a aprobación provisional, como é o caso.

O BNG rexeita aprobar o PXOM sen unha nova Exposición Pública e sen dar resposta ás alegacións

O BNG-Asembleas Abertas distribuirá os vindeiros días un novo número do seu Voceiro de Culleredo, centrado esta vez no novo PXOM de Culleredo, que acumula tantos retrasos como anuncios de pronta publicación. Este demostrou ser un tema de grande interese entre as persoas que acudiron á xeira de Asembleas Abertas desenvoltas polo BNG nas últimas semanas, que demandaron máis información sobre o seu estado.

No momento actual, a Comisión Especial do PXOM, constituída logo da solicitude do BNG-Asembleas Abertas, tan só se reuniu en dúas ocasións, levando case catro meses sen ser convocada. As únicas noticias dos avances na introdución das correccións exixidas pola Xunta na Memoria Ambiental son apenas a través dos anuncios do Goberno Municipal na prensa.

Tono Chouciño insistiu na necesidade de abrir un novo período de información pública antes da aprobación definitiva do Plan, "falar de que ese trámite vai supor un retraso na elaboración do PXOM, nin de 15 nin de 5 anos como din algúns segundo lles cadra, só responde á intención de presionar e meter medo aos veciños e veciñas de Culleredo, escamoteándolles o seu dereito a unha información completa e veraz sobre un documento tan importante". A Memoria Ambiental lembra a necesidade desta nova exposición para o caso modificacións substanciais entre a aprobación inicial e o que se someta a aprobación provisional, como é incuestionábel que acontece neste caso.

O representante nacionalista amosou a súa coincidencia co informe da Xunta no rexeitamento á "promoción de macrourbanizacións en terreos que carecen de accesos e de servizos básicos, que despois teremos que pagar entre todos", e apostou por potenciar o desenvolvemento e completar a dotación de servizos nos núcleos tradicionais de Culleredo.

"A nosa obriga é que o PXOM serva para mellorar as condicións de vida de todos os nosos veciños e veciñas por igual, sen crear desigualdades nos servizos públicos que se lles presta en función de onde viven e sen favorecer pelotazos coas grandes bolsas de terreos que se pretenden urbanizar lonxe dos núcleos tradicionais, destruíndo o medio natural. Os cambios que vimos coñecendo teñen entidade máis que suficiente para xustificar un novo período de exposición pública, hai precedentes que así o amosan. Pelexaremos porque se leve a cabo e apoiamos as iniciativas cidadás que así o demandan".

O BNG rexeita aprobar o PXOM sen unha nova Exposición Pública e sen dar resposta ás alegacións