COMUNIDADE DE MONTES

O BNG dubida da validez do convenio coa Comunidade de Montes de Celas

Un compromiso de gasto superior ao millón de euros debería ter pasado os trámites que regulamentariamente se establecen e que non constan nas catro páxinas escasas que o Goberno Municipal nos presentou ao Pleno.

O BNG dubida da validez do convenio coa Comunidade de Montes de Celas

No último pleno, o BNG-Asembleas Abertas presentou as súas dúbidas sobre a validez e valor efectivo do convenio asinado entre o Goberno Municipal e a Comunidade de Montes de Celas, máis alá dunha declaración de intencións.

Estás dúbidas baseanse nas consultas levadas a cabo polo voceiro nacionalista, Tono Chouciño, ante a Intervención e o Servizo de Asesoría Xurídica, ao constatar a ausencia de informes destes Servizos municipais que respalden a validez e a concreción do convenio.

Son estes Servizos os que informan de que non fai falla informe algún porque o documento non se trata "dun compromiso de gasto" senón apenas dunha declaración de intencións, e así tamén o recoñeceu o Alcalde no Pleno Municipal, ao manifestar que non precisaban informes económicos porque non se aprobaba "absolutamente nada".

Tono Chouciño acusou ao alcalde de estar vendendo fume á veciñanza de Celas, xa que "un compromiso de gasto superior ao millón de euros debería ter pasado os trámites que regulamentariamente se establecen e que non constan nas catro páxinas escasas que o Goberno Municipal nos presentou ao Pleno" e lamentou a confusión xerada entre os veciños e veciñas polos xogos propagandísticos do Alcalde e o seu equipo.

O BNG dubida da validez do convenio coa Comunidade de Montes de Celas