UNIVERSIDADE LABORAL

O BNG demanda a reparación da Biblioteca da Laboral

visita á biblioteca laboral clausurada
biblioteca laboral clausurada

Na visita efectuada ao centro o pasado mércores 14, na que participaron Xosé Luís Rivas "Mini" e Ánxela Franco, tivemos ocasión de coñecer o centro, as súas necesidades e potencialidades, da man do director do mesmo, comprobando o estado de abandono no que se atopa a súa Biblioteca.

Solicitamos a sinatura dun convenio entre Concello e Xunta para poñela ao servizo dos veciños e veciñas de Culleredo

O BNG demanda a reparación da Biblioteca da Laboral

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo demanda a reparación da Biblioteca da Universidade Laboral para a súa posta a disposición de todos os veciños e veciñas de Culleredo. O deterioro do seu teito impide que se poida utilizar dende hai varios anos.

A iniciativa rexístrase tra-la visita efectuada ao centro o pasado mércores 14, na que participaron Xosé Luís Rivas "Mini" e Ánxela Franco, na que tiveron ocasión de coñecer o centro, as súas necesidades e potencialidades, da man do director do mesmo.

O IES Universidade Laboral é centro de referencia máis alá da comarca pola súa traxectoria, oferta educativa e recursos. A súa Biblioteca, de gran superficie, leva anos pechada por un problema de desprendementos no seu teito, contando con protección de Patrimonio pola súa particular configuración arquitectónica e con premios na súa categoría.

Culleredo, con case 30.000 habitantes, conta con dúas bibliotecas de reducidas dimensións, que comparten instalacións con outros servizos, que ás veces interfiren no seu funcionamento, polo que a posta a disposición pública da Biblioteca da Laboral, que conta coa boa disposición da Dirección do centro, suporía unha mellora substancial para os usuarios e usuarias das bibliotecas públicas.

O Bloque Nacionalista Galego propón a sinatura dun convenio entre o Concello de Culleredo e a Consellaría de Educación para a súa utilización conxunta, unha vez reparada, e estudar a súa financiación con cargo ao 1,5% Cultural do Ministerio de Fomento.

Tono Chouciño demandou do Goberno Municipal que se inicien os trámites necesarios co Ministerio, a Consellaría e o propio Centro, e lembrou que Culleredo soporta contínuas obras nas infraestructuras (Autovía, Terceira Rolda, Aeroporto, Vial 18...) "polo que é de lei que se beneficie das axudas que lle corresponderían para a conservación do seu patrimonio".

O BNG demanda a reparación da Biblioteca da Laboral