A LEI DO SOLO RECOLLE O DEREITO AO ACCESO PÚBLICO AOS PXOM EN TRÁMITE

O BNG DEMANDA UNHA NOVA EXPOSICIÓN DO PROXECTO DO PXOM

O BNG emprenderá unha campaña informativa á veciñanza "para animar aos vecinos e veciñas a que reclamen un dereito, non só individual, senon tamén colectivo, posto que non só é trascendente a reposta á súa  alegacion individual senon que tamén o é o resultado das alegacións dos demais"

O BNG DEMANDA UNHA NOVA EXPOSICIÓN DO PROXECTO DO PXOM

 

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo demanda unha nova exposición do proxecto do novo Plan Xeral de Culleredo e a súa publicación en internet xunto cos informes emitidos polas autoridades competentes, logo de que o Goberno Municipal anunciara a finais de agosto que xa dispuña de todos os informes preceptivos.

Esta solicitude basease nas máis de 1100 alegacións presentadas durante o período de exposición ao público no 2013, hai máis de 3 anos e medio e aínda sen contestar, e na previsión que fai a Lei do Solo de Galiza, que indica no seu artigo 87.3: "Os concellos garantirán, mediante procedementos telemáticos, o acceso e o coñecemento do contido dos instrumentos de planeamento urbanístico, tanto se se atopan aprobados como durante a súa tramitación"

Tono Chouciño anunciou que o BNG emprenderá unha campaña informativa á veciñanza "para animar aos vecinos e veciñas a que reclamen un dereito, non só individual, senon tamén colectivo, posto que non só é trascendente a reposta á súa  alegacion individual senon que tamén o é o resultado das alegacións dos demais".