ORZAMENTOS XUNTA

O BNG demanda melloras nos centros escolares de Culleredo

visita á biblioteca laboral clausurada
Representantes do BNG e de entidades veciñais de Culleredo durante unha visita á Biblioteca da Universidade Laboral para coñecer o seu estado.

Entre elas están a urxencia na construción do novo colexio, para que poida estar disponíbel no comezo do próximo curso, e a dotación de cociñas propias nos Centros escolares, ambas aprobadas por unanimidade no Pleno de Culleredo.

O BNG demanda melloras nos centros escolares de Culleredo

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo elaborou varias emendas aos Orzamentos da Xunta para o ano 2017, que tramitou a través dos representantes nacionalistas no Parlamento, para a mellora dos recursos educativos do noso Concello.

Estas demandas inclúen a dotación da totalidade do orzamento da construción do novo CEIP nesta anualidade, de xeito que se poida dar cumprimento á declaración de urxencia aprobada de xeito unánime polo Pleno de Culleredo, a proposta do BNG.

Outras melloras para as que se demanda a creación da correspondente partida orzamentaria son a recuperación da Biblioteca da Universidade Laboral, que leva anos pechada por unhas goteiras, melloras no aulario de Educación Infantil do CEIP Sofía Casanova, aumentar as axudas para o Conservatorio municipal, e dotar de cociñas os Colexios.

Tono Chouciño lembrou que esta última demanda foi tamén aprobada de xeito unánime no Pleno, "tamén polos concelleiros e concelleiras do PP, que non puideron decir que non a unha petición levada e defendida directamente polos propios pais e nais diante do Pleno" o que dá unha idea da súa importancia.

O BNG demanda melloras nos centros escolares de Culleredo