ORZAMENTOS XUNTA

O BNG demanda melloras na seguridade viaria

estrada AC400 en Celas, nas proximidades da escola unitaria
Estado da AC400 entre Vinxeira e Celas, nas proximidades dunha escola e dúas paradas de bus

A través dos representantes do BNG no Parlamento tramitamos emendas aos orzamentos da Xunta para a mellora na seguridade nas estradas de titularidade autonómica AC213, entre O Burgo e A Telva, na AC523 ao seu paso por Ledoño e na AC400, entre Vinxeira e Celas.

O BNG demanda melloras na seguridade viaria

O Bloque Nacionalista Galego presentou emendas aos Orzamentos da Xunta para 2017 para mellorar a seguranza viaria e a accesibilidade en estradas de titularidade autonómica ao seu paso por Culleredo.

Estas melloras correspóndense a peticións veciñais longamente demandadas, e fan referenza á estrada AC213, entre O Burgo e A Telva, un tramo de 2,5 kilómetros que precisa reparación e melloras tanto no firme como nas beirarrúas, á AC523 a Meirama, ao seu paso por Ledoño, onde se teñen producido numerosos accidentes, e a AC400, entre Vinxeira e Celas, que carece de beirarrúas e incluso de arcéns transitábeis en gran parte do percorrido.

Para Tono Chouciño é primordial asegurar a seguridade de peóns e conductores en zonas con gran proporción da poboación de avanzada idade "e se ven forzados a andar e atravesar vías con moito tráfico e se xogan a vida para facer cousas tan cotidianas como recoller os nenos no bus do colexio ou simplemente sair pasear, como tristemente xa ten pasado."

O BNG demanda melloras na seguridade viaria