CENTROS DE SAÚDE

O BNG demanda melloras na contorna dos Centros de Saúde

acceso urxencias Acea de Ama
acceso Urxencias Acea de Ama

Preguntamos ao Goberno Municipal se os accesos aos Centros de Saúde do Portádego e Acea de Ama cumpren co Plano de Mobilidade do Concello.

O BNG demanda melloras na contorna dos Centros de Saúde

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo preguntou ao Goberno municipal polos accesos dos Centros de Saúde do Portádego e de Acea de Ama, e a súa adaptación ao Plano de Mobilidade do Concello.

Tono Chouciño manifestou a súa preocupación,  pola situación das beirarrúas na Avenida do Portádego, que impiden itinerarios peonís seguros e accesíbeis e polo tamaño das prazas reservadas ás ambulancias, demasiado pequenas para estes vehículos.

O voceiro nacionalista preguntou tamén polas condicións de seguridade e accesibilidade do solar que fai esquina entre a Avda do Portádego e a de González Garcés, que está a ser empregado dende hai moito tempo como aparcadoiro.

No caso do Centro de Saúde de Acea de Ama amosouse a preocupación polo acceso posterior a Urxencias, e a súa compatibilidade coa zona de carga e descarga do supermercado veciño.

"Temos visto camións de gran tonelaxe circulando marcha atrás, en dirección contraria, e realizando manobras que obstaculizan a entrada a Urxencias. Que pasa se nese momento chega unha ambulancia?"

O voceiro nacionalista preguntou ao Goberno Municipal se ese acceso contaba con licenza municipal e se se axustaba á mesma.

O BNG demanda melloras na contorna dos Centros de Saúde