SANIDADE PÚBLICA

O BNG demanda mellorar a dotación sanitaria en Culleredo

centro de saúde

O BNG inicia unha campaña para recoller as demandas dos veciños e veciñas de Culleredo ante a saturación do Centro de Saúde de Acea de Ama e as incertezas sobre a apertura do novo centro do Portádego, para facerllas chegar ao Goberno Galego. Lembra o compromiso da Consellaría de Sanidade de limitar os cupos a 1500 persoas por médico, cando actualidade rondan ou superan as 1700.

O BNG demanda mellorar a dotación sanitaria en Culleredo

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo pon en marcha unha campaña para recoller as demandas dos veciños e veciñas de Culleredo en materia sanitaria e transladarllas ao goberno galego en forma de pregunta parlamentaria, ante o problema de cobertura nas ausencias dos profesionais no Centro de Saúde de Acea de Ama e a demora na apertura do novo centro do Portádego.

O SERGAS, que leva dende agosto anunciando a apertura do novo Centro, ven de dar como última data para a súa posta en funcionamento deste Centro a de febreiro de 2017, sen concretar a súa dotación de persoal. O edificio conta, entre outras, con 7 consultas de medicina, 8 de enfermería, 2 de pediatría, 3 de saúde mental e un despacho para traballo social, mais non hai previsión de que vaia aumentar o persoal actualmente existente.

Dende o BNG-Asembleas Abertas de Culleredo consideramos que o tamaño dos cupos médicos actuais que rondan, ou superan, as 1700 persoas cando a recomendación recollida no Plan de Mellora de Atención primaria é de 1250,  como unha das causas dos problemas que estamos a sofrer nas últimas datas, polo que é necesario mellorar a ratio usuarios/médico, existindo un compromiso da Consellaría de Sanidade de limitalos a 1500.

Para o voceiro nacionalista, Tono Chouciño, é necesario que os responsables do goberno galego coñezan  a situación real dos servizos públicos xa que "nos contan tantas veces o ben que funcionan que se acaban crendo as súas propias mentiras, por iso o BNG pon a disposición dos veciños e veciñas de Culleredo a súa representación institucional para que lles fagan chegar cal é a realidade".

O BNG demanda mellorar a dotación sanitaria en Culleredo