ORZAMENTOS XUNTA

O BNG demanda a creación dunha residencia de maiores en Culleredo

centro de día rdx
Centro de Día de Culleredo

Solicitamos a través das emendas aos Orzamentos da Xunta a creación dunha residencia de maiores en Culleredo, debido ao déficit de prazas en residencias públicas na comarca, que obriga ás persoas sen recursos para ir á privada a ingresar en residencias lonxe das súas familias.
Tamén solicitamos dotación orzamentaria para a ampliación da Escola Infantil Fonte da Balsa, para o que o Pleno Municipal xa aprobou a cesión dos baixos, actualmente baleiros.

O BNG demanda a creación dunha residencia de maiores en Culleredo

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo solicitou, a través das emendas presentadas no Parlamento Galego aos Orzamentos da Xunta para 2017, a creación  dunha residencia de maiores, pola grande demanda que existe de prazas en residencias públicas, que as actuais non son capaces de cubrir.


Esta carencia de prazas na Comarca da Coruña obriga a que as persoas que piden praza, se non teñen recursos para costear unha residencia privada, acaben ingresando lonxe do seu entorno e da súas familias, que se ven na obriga de realizar importantes desprazamento para poder visitalas.

Tono Chouciño manifestou que Culleredo, dada a súa situación, os espazos naturais con que conta e as vías de comunicación, sería o emprazamento ideal para esta infraestructura de carácter supramunicipal.

O voceiro nacionalista lembrou que o BNG tamén solicitou nas emendas aos orzamentos da Xunta a ampliación da Escola Infantil Fonte da Balsa, en Vilaboa, para o que se xa se ten aprobado no Pleno Municipal a cesión dos baixos, na actualidade baleiros, "outro acordo plenario que caeu no esquecemento, víctima da falta de iniciativa do Goberno de Julio Sacristán e dunha Xunta que nos ten relegados ao ostracismo"

O BNG demanda a creación dunha residencia de maiores en Culleredo