O BNG reclama a convocatoria do Consello Escolar Municipal

IES Universidade Laboral
IES Universidade Laboral

Diante da intención amosada pola Consellería de Educación de eliminar os estudos de Bacharelato do IES Universidade Laboral e usar as súas instalacións para a ampliación do número de aulas do IES Rego de Trabe. 

O BNG ven de solicitar os últimos informes de escolarización municipal para avaliar a saturación nos centros educativos do municipio. 

O BNG reclama a convocatoria do Consello Escolar Municipal

O BNG de Culleredo reclamou no pasado Pleno ao Sr. Rioboó, na súa condición de Presidente do Consello Escolar Municipal, a súa convocatoria extraordinaria para acometer a avaliación das últimas novas chegadas da Consellería de Educación nas que adianta a súa intención de eliminar os estudos de Bacharelato do IES Universidade Laboral e empregar as súas instalacións para ampliar o número de aulas da ESO do IES Rego de Trabe.

A día de hoxe o Sr. Alcalde continúa sen considerar a importancia de convocar a reunión deste organismo no que escoitar a opinión de toda a comunidade escolar. Polo contrario, a comunidade educativa cullerdense está alarmada polo anuncio do peche dos estudos de bacharelato no IES Universidade Laboral e tanto alumnos como nais, pais e profesores están a organizar actividades de información e reivindicativas.

O Consello Escolar Municipal reúne a representantes de toda a comunidade educativa do concello: estudantes, nais, pais, profesorado e representantes municipais; e a súa convocatoria depende do goberno municipal. Desde o BNG de Culleredo consideramos que o Concello de Culleredo debe interesarse porque se dea unha solución firme, con sentido común e vocación duradeira, ao déficit estructural de crónico do mapa educativo de Culleredo, que non se da resolto pola falta de planificación, a pesar da construcción de novos centros. Existe ademais unha proposta veciñal que demanda un novo centro de ensinanza secundaria no ámbito rural do noso concello que aínda non conta con resposta do goberno municipal e que axudaría a resolver moitos dos problemas da escolarización no noso municipio.

O BNG de Culleredo ven de solicitar os últimos informes de escolarización municipais para contar con toda a información necesaria para avaliar o número de aulas con ratios por encima do límite legal e o estado de saturación dos centros escolares do noso concello. "É ineludible que se acometa de inmediato unha planificación do Mapa Escolar do noso concello", sinala Tono Chouciño, voceiro dos nacionalistas na corporación municipal. "A nosa poboación continúa a medrar, tal e como indican as cifras do padrón e tal e como o goberno municipal plantexa no proxecto de PXOM, e precisamos dar solucións a longo prazo para dispor da mellor oferta educativa no noso municipio".

O BNG reclama a convocatoria do Consello Escolar Municipal