MOBILIDADE

O BNG de Culleredo priorizará a construción dunha alternativa á Rúa Laxe

Variante á Laxe
Variante á Laxe
O BNG de Culleredo priorizará a construción dunha alternativa á Rúa Laxe

O BNG de Culleredo recolle como unha das prioridades do seu programa de goberno a construción dunha alternativa viaria á Rúa Laxe para a subida desde Vilaboa até o acceso á Terceira Ronda na Zapateira. A vía de conexión actual é un camiño tradicional da parroquia, moi estreito, sen beirarrúas, e actualmente rexistra un elevado tráfico de vehículos entre Vilaboa e a Zapateira.

O BNG ten recibido numerosas queixas dos veciños e veciñas, que manifestan a súa preocupación polo contínuo paso de vehículos por unha estrada tan estreita, algúns a grande velocidade, que se agrava durante o curso cos autobuses escolares, que as veces provocan retencións pola súa necesidade de manobrar para poder pasar entre as vivendas. Engádese a esta situación o fallo continuo do semáforos que regulan o paso pola parte máis estreita da vía, o que provoca que os vehículos teñan que maniobrar constantemente achegándose moi de preto a vivendas e peóns.

Tono Chouciño, candidato á Alcaldía de Culleredo polo BNG, sinala que "na Laxe existe un problema que non pode estar eternamente á espera da aprobación do PXOM ou de que ocorra unha desgraza. A veciñanza da Laxe precisa xa poder sair da casa con seguridade, sen temor a ser atropelados".

O BNG de Culleredo priorizará a construción dunha alternativa á Rúa Laxe