MEDIOAMBIENTE

O BNG apoia a recuperación ambiental da península de BUNGE

Desembocadura do río Mero
Desembocadura do río Mero

O BNG de Culleredo mantivo reunións con diversas asociacións ecoloxistas para estudar as medidas a adoptar para a recuperación ambiental da ribeira do río Mero.

Unha das necesidades máis destacadas é a de ampliar o deslinde costeiro até a Telva, até onde o nivel do río permite que fluctúe a marea.

O BNG apoia a recuperación ambiental da península de BUNGE

O BNG de Culleredo reuniuse con diversas asociacións ecoloxistas, entre elas a Sociedade Galega de Historia Natural, para estudar as medidas a adoptar para a recuperación ambiental da ribeira do río Mero. Nesas reunións decidiuse transladarlles esa necesidade tanto aos concellos implicados como a outros organismos con competencias na materia, nomeadamente Costas, Medio Ambiente e Augas de Galiza.

Entre as aportacións recollidas nestas xuntanzas destaca a necesidade de ampliar o ámbito do deslinde costeiro até a Telva, pois é onde o nivel do río permite que fluctúe a marea, polo que estase a valorar a presentación de alegacións ao deslinde marítimo costeiro de Cambre. Esa alegación incluiría a petición de revisión na marxe correspondente a Culleredo.

Para Tono Chouciño, é necesario recuperar ese humidal anegable "en liña co que xa está a facer a Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas, da que formamos parte, unha infraestrutura verde que sirva de filtro natural para os lodos que hoxe en día van dar directamente á Ría".