TRANSPARENCIA PXOM

Apoiamos a proposta da veciñanza para esixir unha nova exposición pública do PXOM

portada pxom 2

O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Culleredo anuncia o seu apoio ás reivindicacións veciñais que solicitan unha nova exposición pública do PXOM.

Tono Chouciño, concelleiro nacionalista que acudiu á reunión convocada polos veciños, destaca a labor de investigación e documentación destes ante a falta de transparencia do Goberno Municipal.

Apoiamos a proposta da veciñanza para esixir unha nova exposición pública do PXOM

O Voceiro do BNG en Culleredo, Tono Chouciño, acudiu á reunión convocada onte por unha representación dos veciños que presentaron ao Concello a súa reclamación dunha nova exposición pública do PXOM. Nesta xuntanza foron expostas diversas argumentacións polas que se considera que o documento precisa dunha nova exposición pública para que a veciñanza poda coñecer a realidade que agocha o documento que será presentado ante o Pleno Municipal para a súa aprobación provisional. 

A pesar da falta de información por parte do Goberno Municipal, os veciños realizaron a labor de comparar o proxecto presentado en 2013 co Informe de Impacto Medioambiental publicado pola Xunta de Galicia, demostrando a realización de modificacións substanciais no documento presentado á Consellería de Medio Ambiente para a súa valoración e que son totalmente descoñecidas pola veciñanza.

No próximo Pleno Municipal, o BNG de Culleredo apoiará a presentación do texto proposto polos veciños que esixen unha nova exposición pública, esperando que o resto dos grupos municipais se sumen a esta iniciativa.

Chouciño destaca e valora que "pese as promesas de transparencia formuladas polo novo Alcalde durante a súa investidura, será froito da acción veciñal que a cidadanía conte con toda a información sobre o proxecto antes da aprobación do documento máis importante para o futuro de Culleredo".

Apoiamos a proposta da veciñanza para esixir unha nova exposición pública do PXOM