CONSELLO LOCAL

Alba Pérez, nova Responsábel Local do BNG de Culleredo

Alba Pérez con Tono Chouciño e outros membros do Consello Local
Alba Pérez con Tono Chouciño e outros membros do Consello Local

Alba Pérez, veciña da Corveira, de 30 anos de idade, é a nova Responsábel Local do BNG de Culleredo, tra-la Asemblea Aberta celebrada o pasado martes.

Alba Pérez, nova Responsábel Local do BNG de Culleredo

En Asemblea Aberta celebrada este martes no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, Alba Pérez foi elixida nova Responsábel Local da formación en Culleredo, tomando o relevo de Xabier Rioboo, que viña desenvolvendo o cargo dende febreiro de 2012.

Alba Pérez, veciña da Corveira de 30 anos, é licenciada en Filoloxía Clásica e traballa nunha empresa galega de desenvolvemento de software.

Na súa intervención na Asemblea, fixo fincapé na necesidade de seguir a facer unha "oposición responsábel e rigorosa a un goberno socialista anquilosado e tan falto de ideas e iniciativas e do que imos coñecendo as súas malas artes e os lastres da súa xestión só polo bo facer do BNG."