TRANSPARENCIA

O BNG exixe o acceso ao expediente do Colexio Ría do Burgo

plan parcial cordeda
Plan Parcial de Cordeda 2ª Fase

Despois de 2 meses esperando para poder acceder ao expediente do Colexio Ría do Burgo, comprendemos un pouco mellor as razóns da demora ao saber da sentenza que condena ao Concello a pagar un millón e medio de euros polos terreos nos que está o centro escolar.

O BNG exixe o acceso ao expediente do Colexio Ría do Burgo

A finais de setembro, nas correspondentes Comisións Informativas, o voceiro do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo solicitou ter acceso ao expediente do Colexio Ría do Burgo, ante as noticias que nos chegaban de que non se podía cubrir o seu patio porque o goberno municipal afirmaba que estaba en zona verde.

Despois de 2 meses esperando a que se nos facilite ese acceso faise pública a sentenza que obriga ao Concello ao pago dunha indemnización dun millón e medio de euros á empresa propietaria dos terreos, por un convenio do ano 1999 nos que a promotora cedía terreos para o colexio ao Concello a cambio doutros de similares características, convenio que non foi cumprido polo Concello.

De acordo coa información disponíbel na páxina web municipal, o Plan Parcial da zona, aprobado no ano 1998, xa prevía a reserva de 5000m2 de chan para a construción dun centro do que entonces era EXB. Polo tanto, parece que cos 3098 m2 motivo de xuízo teríase invadido zona verde, nunha nova mostra da xestión estrambótica á que nos ten tan acostumbrados o PSOE de Julio Sacristán.

Ante a gravidade da situación, e a enorme carga financieira que suporá para as arcas do noso Concello, o BNG reitera a súa petición de acceso ao expediente completo co Colexio Ría do Burgo, ao convenio asinado entre o alcalde Julio Sacristán e a empresa promotora e á sentenza condenatoria do TSXG. Solicitamos tamén que se facilite a asistencia do arquitecto municipal para a revisión do expediente, tal e como se comprometeu o Goberno Municipal na comisión informativa de setembro.

Tono Chouciño amosou o seu estupor ante "o desmesurado coste para o Concello dos terreos, máis de catro veces o que costaron os do novo colexio que se vai facer en Vilaboa" e lamentou as dificultades que para acceder ao expediente, "agora xa nos vamos explicando o porqué desta demora".

O BNG exixe o acceso ao expediente do Colexio Ría do Burgo