CONTRATACIÓN PÚBLICA

Posíbeis irregulariades nas obras da Urbanización A Ría

Pavimentos antigo e novo, de formigón preimpreso e con xuntas de dilatación realizadas con radial
Pavimentos antigo e novo, de formigón preimpreso e con xuntas de dilatación realizadas con radial

Con data de 15 e de 21 de maio o BNG rexistrou dous escritos dirixidos ao Goberno Municipal no que se lle referían as posíbeis irregularidades.

A empresa, que tivo que xustificar a súa oferta por ser anormalmente baixa, tería empregado técnicas máis baratas das estipuladas nos pregos de contratación, podéndose comprobar agora como o executado non se axusta ao previsto.

Posíbeis irregulariades nas obras da Urbanización A Ría

O BNG de Culleredo detectou posíbeis irregularidades nas obras de rehabilitación do firme da Urbanización A Ría, en Fonteculler, que poderían afectar tanto á execución como ao proceso de adxudicación da mesma.

O voceiro nacionalista, Tono Chouciño, rexistrou xa en maio dous escritos dirixidos ao Goberno Municipal, con datas do 15 e do 21 dese mes, referíndolle esas posíbeis irregularidades detectadas e facéndolle chegar as queixas que xa daquela recibira da veciñanza afectada.

Entre esas irregularidades estaría o emprego de formigón preimpreso, que imita adoquinado, cando se prevía o uso de adoquíns prefabricados, como os xa existentes, que se reutilizarían nun 70% segundo os cálculos previos.

Chama tamén a atención o método empregado para executar as xuntas de dilatación, mediante o corte cunha radial, que diversos técnicos consultados cualificaron de "chapuza" e que traería problemas no futuro, provocando irregularidades na calzada.

Tono Chouciño lembra que a empresa adxudicataria tivo que xustificar a súa oferta por ser anormalmente baixa, "a empresa tivo que xustificar que podería executar o esixido por un prezo anormalmente menor, esa xustificación foi admitida pola mesa de contratación, e agora vemos que o que fixo non se axusta ao estipulado."