OBRAS EMALCSA

EMALCSA coñecía a existencia do cable na parcela do depósito de Almeiras

2018 05 04 Almeiras obras depósito EMALCSA
Obras do depósito de EMALCSA en Almeiras

Nunha contestación escrita ao concelleiro do BNG, Tono Chouciño, a empresa pública recoñece que coñecía, antes da execución das obras, a existencia dunha liña de media tensión na parcela do depósito.

Era consciente tamén das dificultades que a liña engadiría á execución de parte da obra, e que imposibilitaría a execución de outra parte das mesmas.

O BNG está en disposición de liderar, despois das vindeiras eleccións, un goberno que aporte responsabilidade e transparencia á xestión municipal de Culleredo.
 

EMALCSA coñecía a existencia do cable na parcela do depósito de Almeiras

A empresa pública EMALCSA, propiedade do Concello da Coruña, era coñecedora "de manera previa a la ejecución de las obras" da existencia dunha liña de media tensión (LMT) "que cruza la parcela donde se ejecutará el depósito". Durante as actuacións previas ao comezo das obras púxose de manifesto a existencia da liña "y la dificultad que ello añade a la ejecución de parte de la obra, así como el hecho de que imposibilita la ejecución de otra parte de la misma".

Dado este coñecemento previo, que consta nunha contestación por escrito da empresa ao representante do BNG de Culleredo Tono Chouciño, esas obras nunca deberían ter comezado, cando menos até que Naturgy (antiga Unión Fenosa) resolvese a situación desa liña de media tensión.

Aínda con todas estas evidencias, e carecendo da autorización preceptiva previa da Consellaría de Cultura, por estar na zona de protección do Camiño Inglés a Compostela, o Concello de Culleredo permitiu a realización dunhas obras que acumulan retrasos e supoñen un atranco e un perigo diario para os veciños e veciñas de Almeiras.

Para o concelleiro e candidato á alcaldía de Culleredo "a  historia do depósito de EMALCSA en Almeiras é unha historia chea de falsidades, medias verdades e promesas nunca cumpridas. É totalmente inadmisíbel que situacións como esta sigan repetíndose no noso Concello. O BNG está en disiposición de liderar, despois das vindeiras eleccións, un goberno municipal que aporte responsabilidade e transparencia á xestión municipal, poñendo fin a esta vergoña".

EMALCSA coñecía a existencia do cable na parcela do depósito de Almeiras