PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Campaña informativa do BNG sobre o Plan de Transporte da Xunta

A primeira das reunións celebrouse o pasado martes en Boedo, á que acudiu moita veciñanza, amosando o interese existente no tema.

A próxima reunión terá lugar este martes día 13, ás 19.30h., no Centro Social de Orro.

É importante coñecer as demandas reais da veciñanza do noso Concello para dar traslado das mesmas do goberno da Xunta, antes do 21 de agosto, cando remata o prazo de alegacións ao anteproxecto de transporte público.

Campaña informativa do BNG sobre o Plan de Transporte da Xunta

O BNG de Culleredo comezou esta semana unha campaña informativa sobre o anteproxecto de servizos de transporte público da Xunta de Galiza, que intentará levar a todas as parroquias do Concello.

A primeira destas reunións tivo lugar o pasado martes en Boedo, con boa acollida e un claro interese da veciñanza que trasladou aos concelleiros do BNG presentes, Tono Chouciño e Bea Pérez, as súas necesidades e demandas en materia de transporte. 

Para os representantes do BNG estas reunións deberían estar a ser promovidas polo propio Goberno municipal. Lembran que o Concello ten recursos e órganos de participación veciñal que deberían ser o foro onde se dicutisen e a veciñanza puidese formular solucións aos problemas de mobilidade existentes en Culleredo.

A próxima celebrarase en Orro, no Centro Social, o vindeiro martes 13, ás 19:30 horas, onde o voceiro nacionalista, Tono Chouciño, convida a participar a todas as persoas interesadas. "O prazo de alegacións remata o 21 de agosto e é importante coñecer as demandas reais da veciñanza do noso Concello para dar traslado das mesmas ao goberno da Xunta".