TRANSPARENCIA

O BNG reclama ao Goberno seriedade na tramitación das subvencións ás asociacións

mensaxe asociacións
Mensaxe dirixido onte ás asociacións de Culleredo

O Goberno Municipal publicou o pasado 16 de abril unha convocatoria de subvencións ás asociacións na que se recollía a posibilidade de facer a solicitude presencial ou telemáticamente, cando só sería legalmente admisíbel esta última opción.

Onte o Goberno Municipal comunicou ás distintas asociacións o erro na convocatoria, provocando que moitas non conten cos medios e o tempo precisos para rectificar a solicitude.

O BNG solicita a ampliación do prazo de presentación de solicitudes para as asociacións do Concello, e que se poñan ao seu dispor os medios e o asesoramento necesarios para poder realizar adecuadamente o rexistro telemático.

O BNG reclama ao Goberno seriedade na tramitación das subvencións ás asociacións
O BNG de Culleredo solicita que, ante os erros cometidos polo goberno municipal na redacción da convocatoria de subvencións ás asociacións do noso concello, amplíe o prazo para a presentación de solicitudes, co fin de permitir que todas as entidades poidan presentar a súa documentación en prazo e forma.
 
O Concello de Culleredo publicou o pasado 16 de abril de 2019 a convocatoria de subvencións ás asociacións do municipio para o ano 2018. Máis alá do amplo e inxustificado retraso na convocatoria, a subvención recollía que a presentación de solicitudes podería realizarse de forma presencial ou telemática, sabendo o propio Concello que a Lei obriga a que a documentación teña que ser presentada por medios electrónicos. A tardanza por parte do goberno municipal en trasladar este erro ás asociacións, provocou que moitas delas non conten cos medios necesarios para completar a súa solicitude.
 
Directivas de varias asociacións de Culleredo teñen trasladado ao BNG o seu malestar pola falta de iniciativa desde o goberno municipal para ofrecer facilidades para a presentación de solicitudes, tendo en conta ademais que se trata dun erro da propia administración. Desde o BNG solicitamos que se amplíe o prazo de presentación de solicitudes e se poñan a disposición das entidades solicitantes medios para asegurar que poidan completar e presentar adecuadamente as súas solicitudes.
 

O BNG reclama ao Goberno seriedade na tramitación das subvencións ás asociacións