BO GOBERNO

O BNG elaborará un Plan de Mantemento de Obras e Elementos Públicos

WhatsApp Image 2019-05-18 at 11.38.09
Pasarela do Burgo

O Plan incluirá as instalacións deportivas existentes, así como o noso patrimonio histórico, artístico, ambiental e arqueolóxico.

O mantemento e o cuidado continuado permitirá un aforro económico e garantirá a seguridade das instalacións.

A reiteración, cada 4 anos, das mesmas obras a causa do seu deterioro pola falta de cuidados, impídenos seguir avanzando na conquista de novos espazos de lecer para a veciñanza.

O BNG elaborará un Plan de Mantemento de Obras e Elementos Públicos

O BNG de Culleredo impulsará, dende o Goberno Municipal, un Plan de Mantemento de Obras e Elementos Públicos. O obxectivo é reducir a sangría orzamentaria que actualmente se produce polo deterioro dos espazos públicos a causa da falta total de mantemento.

Dentro deste Plan, deseñarase un plan específico para as instalacións deportivas existentes, e terase especial atención cos espazos abandonados.

Tamén se desenvolverá un plan específico para o noso patrimonio histórico, artístico, ambiental ou arqueolóxico, de cara á súa difusión e ao seu disfrute pola nosa veciñanza e a mellora do seu atractivo turístico.

Tono Chouciño, candidato á alcaldía, manifesta que "a posta en marcha do Plan de Mantemento nos permitirá un importante aforro económico, pero tamén nos asegurará que os nosos nenos e nenas poidan xogar nos parques nas condicións de seguridade precisas".

Un paseo polo noso Concello permítenos observar o estado de abandono dos parques e prazas, da pasarela sobre a vía do tren no Burgo, dos muíños de Acea de Ama, ou das pistas polideportivas de Fonteculler e Vilaboa. Tamén nos leva a preguntarnos que foi do parque biosaudábel de Vila Melania, retirado "para mantemento", e que nunca viu cumpridas as promesas de recuperación.

Para o actual concelleiro nacionalista, "a dinámica actual de non efectuar mantemento para despois ter que renovar por completo as instalacións e estar repetindo as mesmas obras cada 4 anos, é insostíbel económicamente, e nos priva de avanzar na conquista de novos horizontes de benestar e de novos espazos de lecer para a veciñanza".

O BNG elaborará un Plan de Mantemento de Obras e Elementos Públicos