ELECCIÓNS MUNICIPAIS

O BNG de Culleredo solicita un debate na radio pública municipal

20170216 radio culleredo
Edificio de Radio Culleredo

A veciñanza ten dereito a contrastar as propostas e os programas de voz directa dos candidatos e candidatas.

É inexplicable que nunca se demandara desde a radio municipal, a de todos e todas, a opinión, ou unha entrevista, ou calquera outro tipo de presenza das persoas que representan a oposición.

O Pleno Municipal aprobou por unanimidade retransimitir os plenos pola rádio, acordo que non foi cumprido polo Goberno Municipal.

O BNG de Culleredo solicita un debate na radio pública municipal

O voceiro do grupo municipal do BNG de Culleredo ven de presentar no rexistro unha petición formal dun debate público que sexa retransmitido pola radio pública municipal.

A veciñanza ten dereito a contrastar as propostas e os programas de voz directa dos candidatos e candidatas das distintas formación políticas.

No mesmo escrito pídese que se poñan espazos a disposición das candidaturas que se presentan ás eleccións para a colocación de cartaces e que se habiliten espazos publicitarios electorais na rádio pública municipal, tal e como indica a Lei Orgánica de Réxime Electoral.

Ningunha destas cuestións se fixeron no recente proceso de eleccións ás cortes do Estado. No caso das municipais, parece que imos polo mesmo camiño, ao non terse notificado nos prazos legalmente establecidos.

Entendemos que se prohiba a colocación de cartaces e faixas das distintas candidaturas en lugares non axeitados, pero esta medida debe ir acompañada da instalación de paneis específicos, como establece a lei e se fai nos concellos da contorna.

Tamén é inexplicable que durante todos estes anos de mandato municipal, desde 2015, non se demandara desde a radio municipal, a radio de todos os veciños e veciñas de Culleredo, voteno que voten, unha opinión, entrevista, ou calquera outro tipo de presenza, do voceiro do BNG. Descoñecemos como foi esta cuestión respecto doutros grupos da oposición, pero temos referencias de algúns que tampouco tiveron presenza algunha.

Cabe lembrar, que o Pleno Municipal aprobou por unanimidade retransimitir os plenos pola rádio, acordo que non foi cumprido agás unha vez con motivo do debate do estado do municipio, por petición expresa do BNG e sen que se lle dera continuidade.

 

O BNG de Culleredo solicita un debate na radio pública municipal