BENESTAR

O BNG apoiará a construción dunha residencia de maiores en Almeiras

almeiras

A súa construción, con fondos provintes da Fundación Paz y González, foi aprobada en asemblea veciñal.

A parcela foi cedida por unha veciña da parroquia, e xa figura destinada a ese fin no proxecto de PXOM pendente de aprobación.

Beneficiaría á veciñanza de Almeiras, executándose coordinadamente cun plan integral municipal

O BNG apoiará a construción dunha residencia de maiores en Almeiras

O BNG apoiará dende o Goberno Municipal de Culleredo a construción dunha residencia de maiores en Almeiras, cos fondos procedentes da devesa de Ávila que se reparten a partes iguais entre esta parroquia cullerdense e a oleirense de Iñás.

A construción desta residencia foi aprobada hai máis de 10 anos pola veciñanza da parroquia, reunida en asemblea, e a tal fin foi cedida unha parcela próxima á Igrexa, parcela que xa figura reservada no proxecto de PXOM para dito uso. Malia as repetidas promesas até o momento non se levou a cabo.

Co déficit crecente de prazas en residencias e centros de día públicos, esta infraestrutura beneficiaría á veciñanza de Almeiras, destinataria dos fondos da Fundación Paz y González, e tamén a todos os maiores de Culleredo, executándose coordinadamente cun plan integral municipal que incluiría a posta en funcionamento dunha residencia pública e dun programa de respiro familiar para as familias con persoas dependentes.

Para Tono Chouciño "este é un exemplo do novo estilo de goberno que Culleredo precisa, unha ampla demanda veciñal, que conta con fondos propios, que conta con terreos, e só espera un goberno co impulso necesario para apoiala e darlle forma, un goberno participativo e coas ideas claras, como será o do BNG".

O BNG apoiará a construción dunha residencia de maiores en Almeiras