Precisas máis información sobre a túa solicitude de desbroce? Aquí tes unha axuda...

O BNG de Culleredo pon á disposición da veciñanza un modelo de solicitude de acceso ao expediente iniciado pola solicitude previa de desbroce dunha parcela.

Precisas máis información sobre a túa solicitude de desbroce? Aquí tes unha axuda...

O Bloque Nacionalista Galego de Culleredo tivo varias consultas de veciñas e veciños que, tras solicitar o desbroce dunha parcela que causaba molestias na súa propiedade ou no seu barrio ou parroquia, non obtiveron resposta nin viron ningún avance a respecto da súa limpeza. 


O BNG pon a disposición de quen o precise un formulario para demandar información sobre a tramitación e os pasos que seguiron á súa petición, acolléndose á Lei de Transparencia que obriga ás administracións publicas a dar acceso ao expediente xenerado pola súa solicitude. Podes descargar o arquivo PDF nesta mesma páxina, baixo o epígrafe de "Relacionados".

Se queres que sigamos o teu caso, envíanos copia da túa solicitude tras rexistrala no Concello.