Convocadas as axudas para autónomos e microempresas de Culleredo

Autónomos e microempresas
Autónomos e microempresas

O PEL Reactiva pretende ser unha achega para combater o golpe económico derivado da crise sanitaria

O prazo de solicitude remata o día 25 de novembro

Convocadas as axudas para autónomos e microempresas de Culleredo

Autónomos e microempresas de Culleredo poden solicitar as axudas do programa PEL Reactiva, convocado pola Deputación da Coruña, para tratar de mitigar as dificultades económicas derivadas das restriccións de actividade desde o comezo da crise sanitaria da COVID-19. Para beneficiarse é necesario cumprir unha das condicións establecidas: ter pechado durante o estado de alarma de marzo por obriga do Real Decreto, que a facturación do segundo trimestre de 2020 se reducira nun 75% ou que se visen afectados por ERTE.

O prazo para a a solicitude remata o día 25 de novembro de 2020. As peticións deberán ser tramitadas desde a sede electrónica do Concello de Culleredo.

Clica aquí para ler a información oficial e acceder á tramitación.

Convocadas as axudas para autónomos e microempresas de Culleredo