O BNG reclama transparencia sobre a condena ao Concello de Culleredo a reparar a praza de Galicia

Praza de Galicia
Praza de Galicia

A sentenza, de hai máis dun ano, obriga a reparar defectos de construción, que vén danando o subsolo ao longo de 20 anos.

O alcalde fala dun proxecto en prensa, aínda que non está previsto no proxecto de orzamento presentado.

O BNG reclama transparencia sobre a condena ao Concello de Culleredo a reparar a praza de Galicia

A praza do Burgo é unha zona pública con parque que filtra auga por defectos de construción, desde hai 20 anos, cara ao garaxe subterráneo situado no seu subsolo. Ten inutilizada unha planta e causou graves danos ao longo deste tempo en varios vehículos que estacionan na instalación.

O BNG reclama transparencia e que se informe sobre a sentenza firme que condena ao Concello de Culleredo a reparar a praza de Galicia do Burgo, ditada hai máis dun ano, e que explique publicamente os plans que declara a través da prensa. Non se coñecen nin cifras, nin prazos nin ningún outro detalle. O goberno municipal non informou aos grupos da oposición nin sobre este feito nin como o arranxará, aínda que a prensa publica que existe un proxecto para cumprir o esixido por esta sentenza.

O alcalde de Culleredo trasladou á prensa que o proxecto de remodelación está preparado, mais sen dar detalles, e engadiu que formará parte dos orzamentos de 2020, mais non figuraba na documentación previa. Lembramos que o documento económico máis importante do concello, aínda sen aprobar neste 2020, acumula xa sete meses de atraso sen xustificación; é dicir, estamos máis próximos á data aprobación teórica dos orzamentos para 2021 e levamos máis de medio ano sen presuposto, algo polo que o BNG pediu explicacións en reiteradas ocasións.

O BNG reclama transparencia sobre a condena ao Concello de Culleredo a reparar a praza de Galicia