O BNG de Culleredo reclama a normalización na representación da veciñanza no Concello

Votación no pleno de maio 2018
Votación no pleno de maio 2018

Varios concellos da Comarca, así como a propia Deputación recuperaron xa o funcionamento habitual de plenos e comisións.

A Deputación da Coruña pon ferramentas informáticas a disposición dos concellos para convocar órganos de representación con toda seguridade e legalidade.

A 3 de Maio o goberno municipal de Culleredo segue sen presentar a documentación para aprobar os orzamentos de 2020.

O BNG de Culleredo reclama a normalización na representación da veciñanza no Concello

A dinámica da representación municipal no Concello de Culleredo leva detida no arredor de mes e medio que levamos de confinamento. Os órganos municipais nos que se ve representada toda a veciñanza levan dous meses sen convocarse. Por todo isto, o BNG de Culleredo vén de rexistrar unha solicitude ao goberno municipal para que se convoquen de inmediato Plenos, Comisións Informativas e calquera outro órgano que a Corporación Municipal considere necesario.

Desde un primeiro momento, o Bloque Nacionalista Galego de Culleredo foi comprensivo coa situación e puxo da súa parte, ofrecendo a súa axuda e promovendo medidas para aliviar as consecuencias da crise provocada pola pandemia do coronavirus. Moitas desas ideas foron aplicadas polo goberno local.

Mais varias cuestións trascendentes están agardando á recuperación da normalización no funcionamento da corporación. Inexplicablemente, Culleredo está a día de hoxe sen orzamento para o 2020, que debería estar aprobado antes de finalizar o 2019 e que nos permitiría estar dispoñendo de recursos para poñer en marcha medidas de apoio económico e social á veciñanza como as que estamos vendo noutros concellos da contorna. A liquidación do orzamento de 2019 tamén está pendente, o que nos permitirá determinar se existe superávit que proporcione máis recursos económicos.

A Deputación da Coruña ofrece unha ferramenta para que os concellos convoquen os órganos oficiais, de forma que se poida avanzar en cuestóns moi relevante e que foron adiadas todo este tempo. O BNG demanda a reactivación da actividade municipal e o cumprimento das obrigas democráticas por parte dos representantes institucionais. 

O BNG de Culleredo reclama a normalización na representación da veciñanza no Concello