Tono Chouciño tránsladalle ao goberno provincial demandas veciñais

Tono Chouciño tránsladalle ao goberno provincial demandas veciñais

O pasado mércores Tono Chouciño, voceiro do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, foi recibido pola Vicepresidenta da Deputación Provincial (DP3109), Goretti Sanmartín, para transmitirlle algunhas das demandas recollidas na xeira de Encontros Abertos que se veñen realizando nas distintas parroquias do Concello.

Tono Chouciño transmitiulle a preocupación dos veciños e veciñas pola situación da estrada da Ermida, que acumula moito retraso nas obras e supón un perigo tanto para as persoas que circulan nos seus vehículos como para os peóns que se ven na obriga de ir pola calzada, sorteando os vehículos e as obras.

Entre as demandas veciñais que se lle transladaron á representante do BNG na Deputación tamén estiveron as do arranxo das estradas de Orro (DP0510) e de Liñares (DP3104), onde os veciños reclaman a mellora da seguridade vial, principalmente peonil.

Os Encontros veciñais continuarán esta semana. O sábado 21 en Celas, no Local Social da Torre, ás 16.30h.; o martes 24 no Burgo, ás 20.00h no local da Asociación de Veciños O Noso Burgo; e o venres 27 en Vilaboa, no Pazo de Vila Melania, ás 19.30h.

 

 

 

Tono Chouciño tránsladalle ao goberno provincial demandas veciñais