Tono Chouciño será o candidado do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo

Tono Chouciño será o candidado do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo

Na asemblea que tivo lugar o pasado martes en Vila Melania aprobouse a proposta encabezada polo independente Tono Chouciño, para o primeiro tramo da candidatura BNG-Asembleas Abertas de Culleredo e concorrir ás vindeiras eleccións municipais.

Candidatura BNG (52) rdxEste primeiro tramo, composto por 11 persoas das que 5 non teñen militancia política, é froito das asembleas e reunións celebradas dende xuño do ano pasado. Está composto por:

 

1.- Antón Chouciño Garrido, Tono.- Independente – Informático na Consellaría de Facenda. Diplomado en Ciencias Empresariais.

2.- Rocío Sampedro – Traballadora do Servizo Galego de Saúde - Master en Dirección e Xestión de Centros de Servizos Sociais pola UdC. Concelleira do BNG, responsábel entre 2011 e 2013 da Concellaría de Sanidade, Muller e Consumo.

3.- Suso Baños – Independente - Oficial de Notaría e Guía Turístico.

4.- Alba Pérez – Traballadora do sector do comercio. Licenciada en Filoloxía Clásica pola USC. Membro de Galiza Nova.

5.- Manuel Anxo García – Técnico de Telecomunicacións. Delegado da CIG.

6.- Ana Brandón – Independente - Traballadora autónoma no sector da educación. Licenciada en Filoloxía Inglesa pola UdC.

7.- Manuel Baldomir – Independente - Mariscador a pé na Ría do Burgo. Expresidente dos mariscadores e na actualidade membro dos órganos de goberno da Confraría da Coruña.

8.-  Marlene Anaya – Independente - Traballadora do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, da Consellaría de Medio Rural e do Mar.

9.- Xosé Luís Torres – Traballador do sector da madeira. Participante activo no movemento veciñal.

10.- Teresa Ramiro – Mariscadora a pé na Ría do Burgo. Poeta e integrante do Colectivo Literario “In nave Civitas”.

11.- Fco. Xabier Rioboo – Técnico Auxiliar de Electricidade en paro. Responsábel Local do BNG.

 

Tono Chouciño, natural de Malpica, leva vivindo 15 anos en Culleredo, onde naceron dous dos seus fillos. Na súa intervención, cargada de emotividade, tivo unha lembranza para Moncho Valcarce, manifestando sentirse honrado de participar nunha candidatura onde antes o tiña feito o párroco de Sésamo.

Fixo fincapé na necesidade da entrada de aire fresco no Concello de Culleredo, logo de máis de 30 anos baixo o goberno da mesma persoa, nun concello que medrou en poboación sen que as súas dotacións medraran ao mesmo ritmo, tal e como se está a pór de manifesto na actualidade.

Tono Chouciño será o candidado do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo