O PSOE tenta amedrentar xudicialmente a Tono Chouciño

O PSOE tenta amedrentar xudicialmente a Tono Chouciño

O voceiro do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, Tono Chouciño, ven de recibir unha comunicación do Xulgado na que se lle informa da demanda interposta contra a súa persoa por Diego Taibo, concelleiro delegado de Urbanismo do Concello de Culleredo.

O motivo da demanda é que o concelleiro do PSOE se dá por aludido ante unha nova anterior onde se afirmaba que o Concello parecía asumir o "papel de avogado defensor dos infractores, chegando a coaccionar aos funcionarios para que modifiquen os seus informes", e demanda por elo unha indemnización de 3.000 euros por atentado contra o seu honor.

O Sr concelleiro non ten porque darse por aludido pois é público e notorio que non foi el o acusado e condeado por ameazas a un funcionario municipal, aínda que é certo que non se considerou probado o delicto de coaccións.

Nese caso está denunciada polo demandante a desaparición de rexistros oficiais que se tiñan solicitado como elementos probatorios en tempo e forma, e que non foron aportados polos responsábeis municipais da súa custodia.

Lamentamos pois, a confusión do Sr Concelleiro, e lamentamos tamén as molestias que lle poida ter causado, pois a día de hoxe non temos probas que poidan soster ningún tipo de acusación xudicial contra el, carecendo de toda lóxica que esa frase se refira á súa persoa.

En todo caso quédanos a impresión da intencionalidade intimidatoria do PSOE para amedrentar ao concelleiro do BNG-Asembleas Abertas, Tono Chouciño, e que este abandone o seu rigor na labor que está a desenvolver dende a oposición.

O PSOE tenta amedrentar xudicialmente a Tono Chouciño