Presentación de Nós Candidatura Galega en Culleredo

Presentación de Nós Candidatura Galega en Culleredo

presentación fontecullerEste xoves día 3 ás 20.30h., terá lugar o acto de presentación de Nós Candidatura Galega, nas instalacións do Hotel Crunia, en Fonteculler.

Contaremos coa participación de Carlos Callón, número un da coalición para o Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña, e do voceiro do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo Tono Chouciño, nun acto que será presentado por Rocío Sampedro.

No acto poderemos comentar e debater as nosas propostas para os vindeiros catro anos, que se reflicten no programa que, como a candidatura no seu conxunto, éi froito dun proceso de participación aberto entre unha pluralidade de forzas políticas galegas e multitude de persoas sen militancia política, que nos xuntamos para sumar enerxías co obxectivo de defender os intereses da maioría social da Galiza, porque queremos o noso país e desexamos o mellor futuro para a nosa xente nel.

 

 

Presentación de Nós Candidatura Galega en Culleredo