Presentación da candidatura na Reitoral de Celas

Presentación da candidatura na Reitoral de Celas

Candidatura BNG (43) rdx rcEste venres 17 , ás 20.00 horas, na Reitoral de Celas, terá lugar o acto de presentación da candidatura do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, encabezada polo independente Tono Chouciño, logo de que Raquel Jabares decidira dar paso a caras novas.

En palabras da aínda portavoz nacionalista “A acomodación en cargos de responsabilidade política pode producir que perdas a conexión coa realidade social. Despois de 12 anos como membro da corporación municipal, 6 deles con responsabilidades de goberno, é o momento de deixar paso a outras persoas, con ideas novas, para tratar de darlle ao noso Concello a revitalización que precisa”

Resposta a esa necesidade de renovación e revitalización do noso concello é a incorporación á candidatura, nos 11 primeiros postos, de 5 persoas sen afiliación política, entre elas o candidato á alcaldía, persoas de diversa procedencia que queren pór os seus coñecementos e traballo para rematar co inmobilismo e conseguir un concello máis xusto, participativo e sustentábel.

Tono Chouciño destaca que "Culleredo pasou de 13000 habitantes nos 80 aos case 30000 actuais e as infraestruturas e servizos non o fixeron ó mesmo ritmo nin de lonxe" e se marca superar este déficit como o principal reto do seu goberno, facendo frente á improvisación e ao inmobilismo coa participación directa dos cidadáns e das entidades sociais na toma de decisións e unha xestión eficaz, profesional e planificada.

Presentación da candidatura na Reitoral de Celas