O PP rexeita as emendas do BNG aos orzamentos da Xunta para Culleredo

O PP rexeita as emendas do BNG aos orzamentos da Xunta para Culleredo

No debate dos orzamentos da Xunta para o ano que ven, que tivo lugar a semana pasada, o PP ven de rexeitar todas as emendas presentadas polo BNG, entre elas as referentes a Culleredo.

O BNG solicitaba se dotase con 300.000 euros a mellora da seguridade na AC-523 en Ledoño, demandada polas veciñas e veciños tras varios accidentes e atropelos mortais, nunha vía que soporta un elevado tránsito de vehículos pesados, e que foi comprometida pola Xunta de Galiza, pero que se nega a dotala dunha partida orzamentaria para a súa execución.

O PP rexeitou tamén o aumento das partidas destinadas á construción do novo Colexio de Educación Infantil e Primaria, para o que pediamos unha partida de 600.000 euros, fronte aos 90.000 que lle reserva a Xunta, para acelerar o máximo posíbel a súa construción, dada a saturación dos centros educativos no noso Concello.

Dende o BNG tamén se solicitaba dotación económica para a rexeneración e o saneamento integral da Ría do Burgo e para un plano de recuperación do marisqueo no seu ámbito, para o desenvolvemento do ferrocarril de proximidade, o metro lixeiro, para a conexión da AP9 co aeroporto de Albedro e o potenciamento do sistema aeroportuario galego, emendas todas que foron rexeitadas polo Partido Popular.

O PP rexeita as emendas do BNG aos orzamentos da Xunta para Culleredo