O PP rexeita as demandas do BNG para Culleredo

O PP rexeita as demandas do BNG para Culleredo

O PP rexeitou as emendas presentadas polo BNG aos Orzamentos Xerais do Estado para 2015, entre elas as referentes ao Concello de culleredo, entre as que se atopaba a partida destinada á rexeneración da Ría do Burgo, e a mellora da seguridade viaria na estrada N-550 ao seu paso polo concello de Culleredo, nas travesías da Corveira, Vilaboa e de Albedro.

Nestes puntos a estrada soporta un intenso tráfico que, unido a ser zonas densamente poboadas e numerosas interseccións con vías secundarias, que deriva nunha alta sinistralidade.

Tren de cercanías.

Tamén rexeitou a inclusión de partidas orzamentarias para a implantación dun servizo de tren de cercanías, para o eixo atlántico no seu treito Ferrol-A Coruña e para o soterramento das vías nas zonas urbanas do Burgo e de Fonteculler, aproveitando os desniveis existentes, tal como está previsto no proxecto de PXOM.

O PP rexeita as demandas do BNG para Culleredo