Pleno febreiro: O BNG demanda a depuración de responsabilidades polo CLT

Pleno febreiro: O BNG demanda a depuración de responsabilidades polo CLT

Este xoves 25 de febreiro terá lugar en Tarrío o pleno correspondente ao presente mes. Entre os Dende o BNG-Asembleas Abertas levamos a solicitude de incoación dun procedemento de depuración de responsabilidades polas deficiencias detectadas no expediente do CLT de Ledoño, que poden supor unhas perdas de ao redor de 4 millóns de euros para os veciños e veciñas de Culleredo.

Solicitamos tamén a aclaración das causas que causaron o escape de gas en Acea de Ama, que afectou a numerosas vivendas e instalacións públicas, entre elas o Centro de Saúde que tivo que ser desaloxado e pechado. Entre os interrogantes que restan por aclarar está quen era o "Organismo Colaborador da Administración" encargado de vixilar o estado das instalacións, pois na documentación aportada figura como "non verificábel" a súa inspección, e o prazo para repor o servizo de xeito definitivo e acorde coa lexislación actual.

Por último, demandamos do Concello o establecemento dun servizo de mantemento dos aseos públicos, xa que os actuais portátiles supoñen un custo de máis de 2600 euros ao mes, e contan con reparos da Secretaría e Intervención municipais por estar contratados de xeito manifestamente ilegal, ao marxe do procedemento legalmente establecido.

A Orde do Día completa é a seguinte:

 

1. Aprobación, se procede, das actas das sesións realizadas en datas 7 e 28 de xaneiro de 2015.

2. Proposta sobre participación no Plan de Aforro e Investimento (PAI) 2016, da Deputación Provincial.

3. Proposta de ratificación da resolución de Alcaldía nº 151/2016, do 4 de febreiro de 2016, relativa á participación do Concello no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS) 2016 da Deputación Provincial.

4. Proposta sobre inclusón de cláusulas sociais nos pregos de condicións administrativas particulares.

5. Previa ratificación da súa inclusión na Orde do Día, proposición sobre aprobación dos proxectos rectificados do Plan de Acción Social 2015 (PAS) da Deputación Provincial.

6. Previa ratificación da súa inclusión na Orde do Día, moción do BNG sobre a instalación de gas en Acea de Ama.

7. Previa ratificación da súa inclusión na Orde do Día, moción do BNG sobre creación dun servizo de mantemento dos váteres públicos de Culleredo.

8. Previa ratificación da súa inclusión na Orde do Día, moción do BNG sobre inicio de expediente de incoación de depuración de responsabilidades.

9. Previa ratificación da súa inclusión na Orde do Día, moción da Marea Veciñal de Culleredo sobre pronunciamento a favor da Banca Ética.

10. Dación de conta da execución orzamentaria.

11. Dación de conta da liquidación do Orzamanto 2015.

12. Dación de conta de resolucións da Alcaldía e Concellarías Delegadas.

13. Mocións urxentes.

14. Rogos e preguntas.

Pleno febreiro: O BNG demanda a depuración de responsabilidades polo CLT