O picadeiro de Sésamo continúa a súa actividade malia as denuncias veciñais

O picadeiro de Sésamo continúa a súa actividade malia as denuncias veciñais

A pesar das denuncias o centro continúa a desenvolver as súas actividades sen licenza, polo que Tono Chouciño, voceiro do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo e ante as queixas recibidas dos veciños, preguntou ao goberno municipal polas medidas está a tomar para garantir o cumprimento da normativa nesas instalacións.

O centro está pendente de recibir a autorización de Augas de Galiza, e no seu momento foi precintado, e a pesar do precinto policial segue exercendo a actividade ao pé do río Valiñas, co conseguinte risco ambiental.

Dende o BNG lamentamos a sensación de impunidade que transmite a pasividade do goberno de Julio Sacristán no exercizo do control de actividades nocivas e/ou perigosas, e demandamos saber as medidas tomadas ante o levantamento dun precinto da policía local e as que pensan tomar no futuro para garantir a legalidade vixente e a salubridade da zona.

O picadeiro de Sésamo continúa a súa actividade malia as denuncias veciñais