Nulo control na execución das obras municipais

Nulo control na execución das obras municipais

Dende o BNG-Asembleas Abertas de Culleredo véñense denunciando reiteradamente, ante os correspondentes órganos municipais, os incumprimentos da normativa vixente nas obras que se están a desenvolver no entorno da Avenida de Rutis e da Rúa Tierno Galván, que supoñen en risco para a salubridade do entorno.

A última destas denuncias foi o pasado luns pola mañá, ante a Policía Local, o que motivou que durante a tarde do mesmo luns e a mañá do martes puidesemos ver traballando na retirada do entullo acumulado dúas palas e cando menos tres camións que, no seu frenesí, derribaron algún dos sinais de tráfico da zona durante as súas maniobras.

Precisamente nos últimos días foi noticia a visita do concelleiro responsábel da Policía Local e de Obras, anunciada a bombo e platillo dende o Concello, e que trouxo consigo a colocación dunhas rechamantes vallas, mais non a corrección das numerosas deficiencias.

Para Tono Chouciño "é lamentábel que o goberno actúe só a través das denuncias da oposición ou da veciñanza, máxime cando, neste caso, é unha obra promovida polo propio Concello, que conta cunhas rigurosas ordenanzas que parece que se aplican segundo as circunstancias", "se isto acontece con cousas que están á vista de calquera, que pasará co que non se ve", engadiu.

Nulo control na execución das obras municipais