O GOBERNO MUNICIPAL REFÚXIASE NA OPACIDADE

O GOBERNO MUNICIPAL REFÚXIASE NA OPACIDADE

Despois de máis dunha semana da celebración do último Pleno Municipal, onde o alcalde Julio Sacristán se comprometu a completar a información referente ao CLT de Ledoño, esta segue sen ser facilitada aos grupos da oposición.

Dende o BNG, tal e como manifestamos no Pleno, cremos que os defectos do expediente, tal e como estaba formulado, non deixaban outra saída que esta nova declaración de caducidade para proseguir a resolución pola vía do incumprimento das obrigas por parte da empresa, tal e como deixan en evidencia os informes dos técnicos municipais.

Malia todo, parece que non se queiran asumir, por parte do Goberno Municipal e dos seus asesores nengún tipo de responsabilidade, despois de dous anos co expediente enriba da mesa sen que foran quen de resolvelo do mellor xeito para os intereses dos veciños e veciñas de Culleredo.

Mentras a cadea de incompetencias continúa a alongarse, aparecen vinculacións con empresarios relacionados con outros casos, e o Grupo de goberno parece máis interesado en agochar información que en resolver, dunha vez, un problema que lle pode saír moi caro ao noso Concello.

 

 

O GOBERNO MUNICIPAL REFÚXIASE NA OPACIDADE