O Goberno Municipal fuxe cara adiante

O Goberno Municipal fuxe cara adiante

O Goberno de Julio Sacristán aprobou o pasado xoves iniciar, por cuarta vez, o expediente de cancelación do contrato do Centro Loxístico de Transportes de Ledoño, pola vía máis prexudicial para o erario municipal, baseándose na entrada da concesionaria en fase de liquidación.

Pretende así eludir as súas responsabilidades no control do cumprimento das obrigas por parte da empresa concesionaria, con numerosas deficiencias dacordo cos informes dos técnicos municipais, escudándose nun informe que non vai máis alá de confirmar que a resolución pola situación concursal da concesionaria é obrigatoria, pero que non pon en dúbida en ningún momento a existencia de outras vías, que evitarían un menoscabo económico para os veciños e veciñas de Culleredo.

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo opúxose rotundamente a esta decisión que, malia votar a maioría dos grupos en contra, saíu adiante cos únicos votos a favor do PSOE grazas á abstención da Marea Veciñal e Ciudadanos, xa que o PSOE non ten a maioría na corporación.

Tono Chouciño, voceiro nacionalista, volveu insistir na necesidade de que o Goberno Municipal complete a documentación do expediente, como poñen de manifesto os informes dos técnicos municipais e do Consello de Contas, e se eviten graves prexuízos económicos ao Concello.

O Goberno Municipal fuxe cara adiante