A Fiscalía inicia dilixencias penais pola tramitación do contrato da auga.

A Fiscalía inicia dilixencias penais pola tramitación do contrato da auga.

A Fiscalía Provincial da Coruña ven de comunicar, nun escrito datado o 13 de xuño, a apertura de dilixencias para o esclarecimento dos feitos referentes ás prórrogas e á tramitación do Contrato de Abastecemento de Auga Potábel en Culleredo.

A resolución prodúcese a resultas da denuncia presentada o pasado día 25 de maio polo voceiro do BNG-AA de Culleredo, Tono Chouciño, na que poñiamos en coñecemento dese organismo as irregularidades que acompañaron todo o procedemento, dende a prórroga feita en xuño de 2014.

A investigación inclúe tamén o vacío legal posterior á finalizacion da prórroga en xuño de 2015 e que aínda dura até hoxe, pois a concesión do novo contrato está sen resolver.

Para Tono Chouciño "é salientábel a coherencia amosada en todo momento polo BNG, que xa no 2014 con Raquel Jabares denunciou a ilegalidade que se estaba a cometer, defendendo en todo momento os intereses da nosa veciñanza"

A Fiscalía inicia dilixencias penais pola tramitación do contrato da auga.